.
O Concello participa nunha iniciativa de recollida selectiva de residuos promovida polo CEIP Castelao
Pedreira: "Esta estratexia ecolóxica pretende identificar os distintos tipos de residuos, así como o contedor no que se deben depositar”
O CEIP Castelao ven de poñer en marcha unha iniciativa medioambiental consistente na recollida selectiva de residuos. Unha iniciativa que se enmarca dentro do programa municipal Ordes Recicla, que se está promovendo dende a concellería de Medio Ambiente do Concello de Ordes.
Fomentando o espíritu ecolóxico
Así este centro educativo está a traballar na instalación dun sistema de recollida selectiva de residuos que trata de fomentar o espíritu ecolóxico entre os seus alumnos. O Concello de Ordes participa nesta iniciativa a través do programa Ordes Recicla, facilitándolle ao centro 27 papeleiras para as instalacións interiores. Cada unha destas papeleiras incorporará debuxos que expliquen de maneira gráfica e sinxela os tipos de lixo que existen e en que contedores poden depositarse, sendo os propios alumnos os encargados de colorear e de plantexar as diferentes ilustracións.
Así mesmo, nas zonas exteriores e nos accesos ao centro educativo instaláronse, por conta do centro, varias papeleiras para a recollida selectiva de envases que os alumnos poidan xerar nas horas do recreo ou actividades ao aire libre.
A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"Esta estratexia ecolóxica pretende ensinar aos nenos de idades máis temperás a identificar os distintos tipos de residuos, así como o contenedor no que se deben depositar”
Foto: Lidia Abuín, profesora do centro; Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente; e Paz Robado, directora do CEIP Castelao de Ordes.
*