lunes, 10 de mayo de 2010

Excepcional acollida á Xuntanza dos Maiores

.
Máis de 1.300 persoas disfrutaron da xornada na que se celebrou unha misa, unha comida de confraternidade na Alameda e onde tampouco faltou o baile

O Concello de Ordes rendía onte homenaxe aos maiores do municipio coa celebración un ano máis da Xuntanza dos Maiores. Unha xuntanza na que participaron máis de 1.300 persoas que encheron a carpa instalada na Alameda.

Os participantes puideron disfrutar cunha xornada na que se celebrou unha misa na súa honra na igrexa parroquial de Santa María de Ordes, unha comida na carpa instalada na Alameda, e música a cargo dun grupo durante a tarde. Ademais pola mañá tamén houbo unha actuación da Banda de Música Amigos de Ordes.

A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Con esta xuntanza preténdese rendir homenaxe aos maiores do municipio, así como facer que pasen un día compartindo experiencias cos seus veciños e veciñas e disfrutando dos actos programados"



*