martes, 4 de mayo de 2010

A Xuntanza dos Maiores se celebrará este domingo

As inscricións para participar poderán realizarse ata o xoves 6 de maio no departamento de Servizos Sociais do Concello

O Concello de Ordes celebrará o próximo domingo 9 de maio a súa tradicional Xuntanza dos Maiores.

Os actos previstos para este día serán, ás 13:00 horas unha misa na igrexa parroquial de Ordes, e a comida gratuíta na Alameda, que estará amenizada por unha orquestra.

Todos aqueles que estean interesados en participar poderán realizar as inscricións ata o xoves 6 de maio, no departamento de Servizos Sociais do Concello de Ordes, situado na planta baixa da Casa Consistorial, en horario de 09:00 a 14:00 horas. Para inscribirse será necesario presentar o DNI, e o día da celebración tamén fará falta para entrar no recinto presentar o resgardo de estar inscrito.

Con esta iniciativa, un ano máis, tal e como explicou o alcalde, Manuel Regos, o Concello de Ordes quere homenaxear aos seus maiores cunha xornada festiva na que todos poidan disfrutar.

*