lunes, 3 de mayo de 2010

O Concello acollerá a partir de mañá a exposición 'Un Mundo de Enerxía'

.
Do 4 ao 17 de maio no Salón de Actos do Museo do Traxe Juanjo Liñares

O Concello de Ordes acollerá a partir de mañá a exposición 'Un Mundo de Enerxía' que estará dispoñible ata o 17 de maio no salón de actos do Museo do Traxe Juanjo Liñares, situado nas inmediacións do campo da feira ordense, de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas. A entrada é gratuíta.

Uso racional da enerxía
Un mundo de enerxía é unha mostra que intenta divulgar e potenciar o uso racional da enerxía con criterios de eficiencia e de aforro. Permite aos visitantes patricipar nos diversos aspectos do marco temático da enerxía: producción, transporte e cosumo.

A exposición estimula a curiosidade do visitante cara ao mundo da enerxía mediante a utilización de distintos medios audiovisuais, táctiles e experimentais que o axudan a comprender a complexidade dos procesos e infraestructuras necesarias para levar a cabo actividades tan cotiás como acender unha lámpara ou utilizar un vehículo.

Trátase dunha exposición itinerante facilitada polo INEGA e a Consellería de Innovación e Industria.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"Coa visita á exposición, Un Mundo de Enerxía, pretendemos favorecer as necesarias reflexións persoais que nos permitan tomar conciencia da necesidade dun consumo eficiente e responsable así como, promover o aforro e a eficiencia no uso dos recursos"

*