![]() |
Julio Nogueruela, o pasado venres en Ordes. |
A comisión organizadora do festival Brincadeira 2013, ven de cancelar o festival musical apenas tres días despois de ser presentado oficialmente, e que tería lugar na estación da Pontraga os vindeiros días 9, 10 e 11 de agosto.
Julio Nogueruela, responsable organizador, deu resposta hoxe a Ordessiete alegando dúas razóns esenciais para esta decisión: por unha banda, a "falta de apoio institucional", e por outra, o "escaso número de entradas vendidas".
"Imposible seguir adiante"
Estas circunstancias resultan, segundo Nogueruela, "motivos definitivos para que sexa "imposible seguir adiante" cunha proposta cultural que pretendía achegar ata a Ordes a un número aproximado de corenta bandas de rock, ademais de actividades lúdicas coma unha casa pantasmal no mesmo edificio da vella estación.
"Nos doe moitisimo ter que comunicar esta nova, pero é que o risco empresarial é tan elevado que resulta insostible", asegurou o organizador.
O festival Brincadeira suspéndese así por primeira vez logo de seis edicións consecutivas de música rock en Galicia.
*