miércoles, 19 de mayo de 2010

O PP reclama que se varíe o emprazamento dunha fonte para levar auga ao igrexario de Leira

.
A Xestora popular "non entende" que o Concello constrúa unha fonte ao carón dun camiño, "en lugar de instalada nun dos puntos máis frecuentados da parroquia"

O grupo municipal do Partido Popular de Ordes instou hoxe ao Concello a "mudar a ubicación dunha fonte" que se dispón a construír na parroquia de Leira "de xeito que dea servizo a un maior número de usuarios".

O Concello de Ordes disponse a construír unha fonte ao carón dunha pista, nun lugar de paso, preto da aldea de Menlle, ubicación que a xuízo dos populares, "prestará escasa utilidade aos veciños da parroquia".

Pola contra, o Partido Popular propón ao Concello que varíe a "ubicación da fonte e a traslade ás inmediacións do Igrexario, ao carón da Igrexa e do cemiterio parroquial", que durante os meses do verán "carecen de abastecemento de auga, dadas as deficiencias da condución actual".

Os populares ordenses insisten en que variar a ubicación desa fonte "apenas suporá custe algún para o Concello" -pouco máis de cen euros en tubería, aseguran- e sí suporía "notables beneficios para os veciños" dado que, "o Igrexario é un dos lugares máis frecuentados da parroquia, e na actualidade carece de abastecemento de auga, sobre todo no verán".

O Grupo Municipal do Partido Popular xa anunciou que trasladará este asunto ao grupo de Goberno no vindeiro Pleno da corporación municipal.

Reclaman maior atencións ás parroquias
Os populares ordenses tamén levan meses reclamando "unha maior atención do Concello de Ordes ás parroquias". Así, o PP propón "que o Goberno deixe de gastar cartos en actuacións inútiles, como a ampliación da Alameda ou as proxectadas obras da nova Casa Consistorial e adique eses cartos a arranxar as pistas máis deterioradas das aldeas, a creación de emprego e a pagar as abultadas débedas do Concello".

*