.
Pedreira: "Servirá de medida de prevención de inundacións en vindeiras épocas e temporais de choivas, tal e como pasou o ano pasado"
O Concello de Ordes será beneficiario dunha serie de traballos de conservación e mantemento do dominio público hidráulico, segundo lle comunicou o organismo autónomo de Augas de Galicia dende a Subdirección Xeral de Programación e Proxectos, á concellería de Medio Ambiente do Concello de Ordes.
As actuacións previstas, que se desenvolverán no río Lengüelle ao seu paso polo lugar de Fosado, consistirán no desbroce de marxes, apeo e retirada de árbores mortas caídas no cauce. Estas labores de conservación e mantemento, enmárcanse nun contrato de acondicionamento, mantemento e conservación do dominio público hidráulico das bacias de Galicia- Costa no ámbito territorial da zona Galicia Centro, ás súas zonas de acceso e protección.
A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"O programa de limpeza de ríos do que vai a ser beneficiario o Concello servirá de medida de prevención de inundacións en vindeiras épocas e temporais de choivas, tal e como pasou o ano pasado, no que, pese á gran cantidade de precipitacións caídas, as crecidas dos ríos non conlevaron grandes zonas anegadas debido ó estado de limpeza na que se encontraban os nosos ríos”
*