Procurarán que o Concello habilite transporte colectivo para todos os que queiran asistir
Castro: "Nunca en trinta anos un goberno da Xunta se atrevera a aplicar unha política lingüística tan agresiva e regresiva coma a de agora"
O BNG de Ordes ven de presentar unha iniciativa na que propón que o Concello de Ordes apoie activamente a manifestación convocada pola Plataforma Queremos Galego en defensa do idioma galego, que terá lugar o próximo 17 de Maio, en Santiago de Compostela, e que, con tal fin, se facilite o transporte colectivo para aquelas persoas que decidan sumarse a esta mobilización social.
Os nacionalistas propoñen tamén que a corporación municipal rexeite ás Bases para o Decreto de Plurilingüismo feitas públicas pola Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria, e reafirme o compromiso municipal co consenso estabelecido, no ámbito do ensino, no Plano Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado de xeito unánime polo Parlamento de Galicia en setembro de 2004, ademáis de manifestar a adhesión do Concello de Ordes ao texto da Iniciativa Popular pola Garantía dos Dereitos Lingüísticos, promovida pola Plataforma Queremos Galego.
A frase de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“A celebración do 17 de Maio, Día das Letras Galegas, presenta este ano 2010 especiais características que reafirman o carácter reivindicativo desta data, xa que nunca até o momento, nos case 30 anos de vixencia do actual Estatuto de Autonomía, un goberno da Xunta de Galiza se atrevera a aplicar unha política lingüística tan agresiva e regresiva, chegando á vulneración da legalidade vixente e á anulación dos dereitos democráticos no ámbito lingüístico”
Foto: Imaxe da presentación da Plataforma Queremos Galego.

*