viernes, 14 de mayo de 2010

Escolares do Castelao visitaron a Casa do Concello

.
Amosaron unha gran curiosidade por coñecer as funcións dun alcalde

O alcalde Manuel Regos, recibiu esta mañá no Concello a un grupo de 55 alumnos e alumnas do CEIP Castelao que quixeron coñecer de primeira man o funcionamento do seu Concello.

A concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade, Silvia Marín, foi a encargada de ensinar aos escolares cada un dos departamentos polos que está formado o Concello, as súas funcións e o seu funcionamento. Regos Boquete recibiu aos escolares no salón de plenos onde respondeu a todas as preguntas dos pequenos sobre a súa función como alcalde, así como lles entregou un agasallo con información sobre o municipio.

A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Anímovos a que nun futuro sexades vós os que esteades aqui sentados e desempeñedes esta función que non ten outro obxectivo que velar polos intereses do noso municipio

*