sábado, 29 de mayo de 2010

A xestora local do PP ven de negociar coa Xunta obras para dous centros de ensino ordenses

.
Trátase dos CEIP Castelao e Mesón do Vento que serán sometidos a obras de mellora por valor de 120.000 euros
.
Os populares acusan ao goberno municipal de "falta de iniciativa"

A xestora local do PP de Ordes informa hoxe do acordo que posibilitará a realización de obras de mellora nos CEIP Castelao e Mesón do Vento, e que alcanzado entre a súa presidenta, Estrella Vázquez, e a xefa territorial da Consellería de Educación na provincia de A Coruña, María Teresa Villaverde Pais.

As obras a realizar serán por un importe de 120.000 euros e se levarán a cabo ao longo deste verán. En concreto, consistirán na renovación integral dos baños da primeira planta e a construcción dun baño de minusválidos, cun orzamento de 60.000 euros no CEIP Castelao. No CEIP do Mesón do Vento, a Xunta investirá outros 60.000 euros para a execución de obras de remodelación da cociña do centro.

As xestións efectuadas polo PP de Ordes ante a Consellería de Educación, aseguran dende o PP de Ordes, "suplen a pasividade amosada polo Goberno de Ordes en relación con estas e outras carencias dos veciños do Concello, dado que semellan ocuparse exclusivamente de proxectos faraónicos inservibles, como os baixos da Alameda nos que levan derrochado máis de un millón e medio de euros ou a ampliación da Casa Consistorial para dispoñer dun prestamo e agravar máis os problemas de solvencia do Concello".

Ademais, conclúen, "mentres o Concello de Ordes atopase en situación de bancarrota con facturas impagadas por máis de un millón de euros, o grupo de Goberno pretende asumir con fondos propios as obras do novo cuartel da Garda Civil, valoradas e máis de dous millóns de euros, a pesares de que se trata dunha competencia exclusiva do Ministerio do Interior".

Que gastos de funcionamento teñen os centros de educación secundaria de Ordes?
A consellería de Educación e Ordenación Universitaria recentemente fixo pública a 'factura' que anualmente paga polo mantenemento do ensino público galego. Respecto á educación infantil e/ou primaria, a Xunta investirá un total de 38.998 euros no CEIP Castelao e 23.558 no CEIP Campomaior. No CEIP Mesón do Vento a factura chegará ata os 16.000 euros anuais.

Respecto ao ensino secundario, os gastos elévanse no caso do IES Maruxa Mallo ata os 56.755 euros e ata os 116.893 euros no caso do IES nº 1. Ámbalas partidas orzamentarias fan referencia ao proxectado para este ano 2010.

Foto: Exterior do CEIP Castelao de Ordes (eOrdes)

*