.
Terá lugar o domingo 23 de maio e o prazo de inscrición para poder participar remata o día 19
Ordes celebrará o domingo 23 de maio unha das súas citas deportivas máis importantes do ano, como é a Carreira Popular. Unha competición, que nesta ocasión cumpre a súa decimo quinta edición e que espera a un bo número de participantes, tal e como é habitual. Os participantes estarán repartidos en diferentes categorías que van dende a baby, a prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, júnior, promesa, sénior, veteranos A, veteranos B, veteranos C e veteranos D, que correrán diferentes distancias dependendo da categoría.
Haberá trofeos para os tres primeiros de cada categoría, para os tres primeiros da categoría xeral, os tres primeiros corredores locais, un trofeo para o atleta máis veterán e outro para o máis novo, e tamén se repartirán camisetas entre todos os participantes que cheguen á liña de meta.
Un premio de 400 euros para o primeiro clasificado
Ademais tamén haberá premios en metálico para a categoría xeral, levando o primeiro clasificado 400 euros, o segundo 300 e o terceiro 200 euros. Na meta por equipos o primeiro premio será de 350 euros, o segundo de 250 e o terceiro de 200. Por último, na meta por grupos do municipio establecéronse cinco premios, un primeiro de 350 euros, un segundo de 250, o terceiro de 200, o cuarto de 150 euros e o quinto de 100 euros.
Para todos aqueles que estean interesados en participar o prazo de inscrición para participar estará aberto ata o próximo 19 de maio ás 22:00 horas. As inscricións das carreiras dende a categoría baby a cadetes faranse a través do correo inscricionsFGAsantiago@gmail.com ou do fax 981191559. Por outra banda para a carreira absoluta, (de xuvenís en adiante), poderán inscribirse a través da web www.championchipnorte.com.
Os interesados poden recibir máis información na Concellería de Cultura e Deporte do Concello de Ordes, na planta baixa da Casa do Concello ou a través dos teléfonos 981680002- 981680157.
*