miércoles, 12 de mayo de 2010

Preto de 500 escolares ordenses visitaron nestes días a mostra 'Un Mundo de Enerxía'

.
Estará no Museo Juanjo Liñares ata o o 17 de maio

Pretende divulgar e potenciar o uso racional da enerxía

O alcalde Manuel Regos e o concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira, visitaron esta mañá a mostra 'Un mundo de Enerxía', ubicada dende o 4 de maio no salón de actos do Museo do Traxe Juanjo Liñares, e que permanecerá aberta ao público ata o próximo día 17.

Unha mostra que visitaron tamén durante todos estes días preto de 500 alumnos e alumnas de diferentes centros de ensinanza ordenses, como o IES Nº 1, o IES Maruxa Mallo e o CEIP Castelao.

'Un mundo de enerxía' é unha mostra que intenta divulgar e potenciar o uso racional da enerxía con criterios de eficiencia e de aforro. Permite aos visitantes participar nos diversos aspectos do marco temático da enerxía: producción, transporte e consumo. A exposición estimula a curiosidade do visitante cara ao mundo da enerxía mediante a utilización de distintos medios audiovisuais, táctiles e experimentais que o axudan a comprender a complexidade dos procesos e infraestrucutras necesarias para levar a cabo actividades tan cotiás como acender unha lámpara ou utilizar un vehículo.

Trátase dunha exposición itinerante facilitada polo INEGA e a Consellería de Economía e Industria.
*