miércoles, 19 de mayo de 2010

Quince asociacións culturais e de veciños participarán na IV Mostra de Obradoiros Culturais

A exposición poderá visitarse no centro cívico de Cerceda entre o 24 e o 31 de maio

O centro cívico de Cerceda será a sede da IV Mostra de Obradoiros Culturais da Comarca de Ordes, organizada pola Mancomunidade de Ordes e que poderá visitarse gratuitamente entre o 24 e o 31 de maio. Unha exposición que recolle unha selección de traballos de debuxo, pintura, cesteiría, manualidades, bolillos... realizados ao longo deste ano polos veciños e veciñas de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.

Entre os participantes nesta mostra figuran quince escolas municipais e asociacións veciñais da comarca ordense, cinco máis ca na edición de 2009. Así, nesta IV Mostra de Obradoiros Culturais da Comarca de Ordes participarán:

- Obradoiro municipal de debuxo e pintura, escultura e manualidades do Concello de Cerceda
- Obradoiro de manualidades de Frades
- Asociación de Amas de casa de Frades
- Escola municipal de manualidades do Concello de Mesía
- Unidade Galega de Veciños e Mulleres rurais de Santa Cruz de Montaos (Ordes)
- Obradoiro municipal de debuxo e pintura de Ordes
- Obradoiro de Bolillos de Oroso
- Obradoiro municipal de debuxo e pintura de Oroso
- Obradoiro municipal de bixutería do Concello de Oroso
- AA.VV. Pena do Tesouro de Trasmonte (Oroso)
- Asociación de Mulleres “A Ponderosa” (Tordoia)
- Asociación de Mulleres “Pedralonga” (Tordoia)
- Asociación de Mulleres de Trazo
- AA.VV. “A Carballeira” de Chaián (Trazo)

Horarios
A IV Mostra de Obradoiros Culturais da Comarca de Ordes poderá visitarse ata o 31 de maio no centro cívico de Cerceda en horario de luns a venres, de 9:30 a 13:00 horas e de 15:00 a 20:00 horas; e o sábado 29 de maioo, de 10:00 a 13:00 horas e de 15:00 a 20:00 horas.

Esta exposición está organizada pola Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes e conta co patrocinio da Deputación Provincial da Coruña.

*