sábado, 15 de mayo de 2010

O Concello poñerá un autobús gratuíto para animar a Iván Raña no Campeonato do Mundo

.
Podes apuntarte chamando ao teléfono 699081743 e a carreira terá lugar o 6 de xuño en Madrid

O Concello aposta unha vez máis polos deportistas locais, e nesta ocasión por un dos atletas do municipio que xa está recoñecido tanto a nivel nacional como internacional, Iván Raña.

Desta maneira o Concello porá a disposición dos veciños e veciñas do municipio, un autobús para asistir ao Campeonato do Mundo de Triatlón que terá lugar o 6 de xuño en Madrid, no que competirá o triatleta de Ordes, co fin de animalo.

O autobús será totalmente gratuíto para os participantes, que se deben apuntar chamando ao teléfono 699081743, onde recibirán tamén máis información. Os menores que queiran participar terán que ir acompañados dun adulto.

*