.
Participarán un total de dez clubes galegos nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín
Ordes acollerá o próximo sábado 29 de maio a celebración do VI Torneo de Fútbol 7 Concello de Ordes que terá lugar na cidade deportiva de Vista Alegre. Así, un ano máis, a S.D. Club Ordenes e o Concello organizan esta competición co fin de manter viva a ilusión de tantos nenos e nenas das categorías prebenxamín, benxamín e alevín, converténdose xa nun clásico na comarca e empezando a ser un torneo de referencia a nivel provincial.
Nesta ocasión participarán de novo unha serie de clubes de recoñecido prestixio tanto da comarca como de toda a provincia como serán os equipos da S.D. Ordenes, Deportivo da Coruña, Tordoia, X. Oroso, Celta de Vigo, Montañeros, Cerceda, Arteix, Luis Calvo e Amio.
Os partidos darán comenzo pola mañá, a partir das 11:00 horas, prolongándose ata a tarde cando se celebrarán as semifinais, finais e os encontros para o terceiro e cuarto posto. Ao remate dos partidos farase a entrega dos trofeos e medallas aos gañadores.
*