Máis de trescentas persoas chegadas dos sete municipios da comarca ordense participaron na noite deste venres na III Gala do Deporte da Mancomunidade de Ordes, celebrada no ximnasio do CPI Pecalama de Tordoia. Unha gala presentada por Xaime Arias e Jessica Figueroa e na que se premiou aos 35 deportistas e entidades deportivas máis destacados no 2009 nos concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.
Cada un dos sete concellos que conforman a Mancomunidade de Ordes entregou de tres galardóns aos tres mellores deportistas ou entidades deportivas do curso 2009-2010. Uns premios valorados en 200, 300 e 600 euros para os terceiro, segundo e primeiro clasificados. Ademais, cada municipio entregou unha distinción á mellor promesa e un recoñecemento especial á traxectoria dun deportista ou clube deportivo.

Uns premios que foron entregados polos alcaldes da Mancomunidade e por distintas autoridades deportivas e deportistas invitadas á gala como José Docobo, presidente do Obradoiro; Isidoro Hornillos, presidente da Federación Galega de Atletismo; José García, vicepresidente da Federación Galega de Pesca; Miguel Ramos, vicepresidente da Federación Galega de Iudo; ou Carlos Sanjurjo, vicepresidente da Federación Galega de Caza.
.
Terceiro premio:
Asociación recreativa cultural Femiordes
Modalidade: Multideporte
Fundada en 1986 para posibilitar a práctica deportiva competitiva das mulleres
Na tempada 2001-2002 foron campionas de Liga, categoria xuvenil.
Na tempada 2003-2004 foron campionas de Liga e Copa no II Torneo Feminino Interconcellos.

Segundo premio:
José Pena Andrade
Modalidade: Autocross
Debutou no Campionato Galego de Rallies no ano 2001 quedando entre os 20 primeiros postos da Xeral e entre os tres primeiros da súa categoría.
O ano pasado participou no Campionato de Autocross, quedando terceiro; e tamén no Campionato Galego de Supercrosscar.
Este ano participou no Campionato de España de Autocross e no Rallies de Terra, quedando primeiro na súa división e cuarto na xeral.

Primeiro premio:
Clube Atletismo de Ordes
Modalidade: Atletismo.
Segundo posto no campionato Galego de campo a través de veteranos celebrado na Proba do Caramiñal.
A nivel individual destacan especialmente: María José Grobas Garaboa, Luísa Calvo Germales e Ángeles Rodríguez del Río.

Promesa:
Equipo benxamín de hockei sobre patíns das Escolas Deportivas Municipais
Modalidade: Hockei sobre patíns
Campións galegos prebenxamín, tempada 2006-2007
Subcampión galego benxamín, tempada 2008-2009
Na actualidade, encabezan a clasificación do campionato galego

Recoñecemento especial:
Fernando Carvajal López
Modalidade: Fútbol.
Adestrou ao club de fútbol Órdenes en todas as súas categorías, sendo campión imbatido de liga e finalista da Copa da Federación
Campión de liga e Copa durante catro anos cos xuvenís
Creou os equipos infantil e alevín.

A frase de Miguel Prado, presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes
“A gala do deporte naceu porque botabamos en falta na comarca un acto que servira para recoñecer o traballo dos nosos deportistas e para valorar a labor diaria que dende os clubes e asociacións deportivas dos sete concellos da comarca se levan a cabo”
A frase de Antonio Pereiro Liñares, alcalde de Tordoia e anfitrión da Gala
"Felicito aos deportistas e entidades galardoadas por seren exemplo de xogo limpo e da entrega por superarse e ser mellores”
Foto arriba: Foto de familia da III Gala do Deporte da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes
Foto abaixo: Os premiados polo Concello de Ordes, xunto aos vicepresidente da Mancomunidade, Manuel Astray, e o concelleiro de Deportes, Ramón Vázquez Raña.
*