lunes, 1 de marzo de 2010

Os veciños coñeceron con detalle o programa LEADER

.
Se trata de axudas da UE para o desenvolvemento do rural

O Concello de Ordes, dende a súa concellería de Medio Rural, ofreceu o pasado xoves na Casa da Cultura de Ordes e en colaboración coa Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes (Asdecomcor) unha charla informativa para tódolos seus veciños na que se puxo en coñecemento de tódolos asistentes os procedementos de xestión do Programa Leader, detallándose en profundidade os posibles beneficiarios, prazos, condicións, documentación a presentar así como outros aspectos de relevancia necesarios para poder optar a este tipo de axudas.

Que é o programa LEADER?
É unha iniciativa da Unión Europea para o desenvolvemento das zonas rurais máis desfavorecidas. Liasions Entre Activités de Development de l’Economie Rural (LEADER) está vinculado a territorios rurais susceptibles de levar a cabo accións de desenvolvemento rural integrado, é dicir, aqueles nos que a situación social e económica pon en perigo a súa supervivencia.

As actuacións prantexadas nas áreas de acción do Programa teñen un carácter local e precisan da implicación e interacción dos tres axentes clave do proceso: poboación local, organismos públicos e organismo privados.
*