.
Serán tres proxectos na estación de Parada, en Cabeza de Lobo (Ardemil) e Vilariño (Buscás)
González: "Estas obras redundarán claramente na mellora da calidade de vida dos ordenses"
O Concello levará a cabo importantes proxectos que terán como obxectivo mellorar e ampliar a rede de saneamento municipal. Así co fin de dar un mellor servizo aos veciños e veciñas de Ordes, e concretamente das parroquias, realizaranse as obras de saneamento na estación en Parada, así como se levarán a cabo outros dous proxectos de saneamento e abastecemento de auga na Carballeira en Cabeza de Lobo en Ardemil, e en Vilariño na parroquia de Buscás.
Unhas obras que o edil de Obras e Urbanismo, Roberto González, calificou como “de gran importancia para o municipio coas que se pretende satisfacer as necesidades básicas dos veciños e veciñas tanto do núcleo urbán como das parroquias”. En relación ás obras na estación de Parada está previsto que dean comenzo no mes de maio. Estas tres obras forman parte dun grupo máis extenso de proxectos que se financiarán con cargo ao novo fondo estatal do Estado que destina ao municipio máis de 1,3 millóns de euros.
A frase de Roberto González, concelleiro de Obras e Urbanismo de Ordes
"Se trata de obras que aínda que non se ven, son de vital importancia para os veciños e veciñas do municipio e que redundarán claramente na mellora da calidade de vida dos ordenses”
*