Estará ubicado na zona de Merelle e abastecerá principalmente ao núcleo urbano
Terá unha capacidade de 1.500 metros cúbicos de auga
Co fin de mellorar o abastecimento de auga potable no municipio, o goberno local do Concello de Ordes decidiu incluir dentro dos proxectos do Fondo Estatal para o Empleo e Sostenibilidade Local, novo fondo estatal, a construcción dun depósito de auga potable en Ordes. O novo depósito, que estará ubicado na zona de Merelle, abastecerá ao núcleo urbano e tamén a moitas outras zonas do termo municipal ordense.
Características do pozo
O depósito terá unhas dimensións exteriores de 20,8 x 15,8 metros, e unha capacidade aproximada de 1.500 metros cúbicos de auga. Estará formado por muros de formigón armado de 40 cm de espesor e unha altura dende a base da soleira de 5 m. Ademais estará composto por un só compartimento e atoparase soterrado ata unha altura de 2,5 m.
Roberto González, concelleiro de Obras e Urbanismo de Ordes
"O municipio conta xa con outros dous depósitos de auga potable, contribuindo este terceiro a mellorar o abastecemento de auga potable para todos os veciños e veciñas de Ordes”
"Este tipo de obras teñen como único obxectivo mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas do municipio satisfacendo, en primeiro lugar, as súas necesidades básicas"
"Dende o Concello estamos traballando para que os ordenses teñan todos os servizos á súa man e esta obra é un exemplo deste empeño co que traballamos día tras día”
*