.
O BNG de Ordes fai un chamamento social "contra o perigo que supón ampliar o vertedoiro da Areosa"
.
Castro: "A ampliación do vertedoiro da Areosa pode ter consecuencias irreversíbeis para o medioambiente e a saúde da nosa comarca”
O BNG de Ordes anunciou que o próximo venres 26 de marzo, ás 21:00 horas, no restaurante El Túnel, terá lugar unha asamblea informativa cos veciños e o movemento asociativo do concello na que se informará sobre os perigos da ampliación das instalacións de Sogama.
As frases de Gonzalo Castro, portavoz do BNG de Ordes
“Esta asamblea informativa enmarcase dentro da campaña que se está a desenvolver co obxectivo de informar aos veciños e veciñas de Ordes do perigo que supón para o medioambiente e a saúde pública a ampliación do vertedoiro da Areosa, que pode ter consecuencias irreversíbeis para o medioambiente e a saúde da nosa comarca”
“A ampliación do vertedoiro de Areosa practicamente no dobre da súa capacidade actual, fai sospeitar que o goberno da Xunta segue a valorar a opción da ampliación das instalacións da incineradora de Sogama en Cerceda, tal e como ten recoñecido recentemente o propio conselleiro de Medio Ambiente”.
"Mediante este campaña instarase ao Goberno da Xunta a que varie o modelo de xestión de residuos, descartando a ampliación da planta de Sogama, descentralizando o mesmo e abandonando a incineración"
*