miércoles, 17 de marzo de 2010

O PP de Ordes lamenta a pérdida do convenio con Industria para arranxar o vial do polígono

.
Estrella Vázquez: "O goberno de Ordes prefire enterrar máis de un millón de euros nos baixos da Alameda en lugar de atender ás necesidades das empresas e dos traballadores"

A xestora do Partido Popular de Ordes informa hoxe da "renuncia" do Concello de Ordes "á subvención de 100.000 euros que lle fora concedida pola consellería de Industria para arranxar o vial interior do polígono industrial da localidade". Segundo os populares, dita renuncia prodúcese "porque o goberno local carece dos cartos necesarios para cofinanciar estas obras".

O Concello renuncia así, sempre segundo o PP "a asinar o convenio para a realización dunha obra que xa fora anunciada polo equipo de Goberno, obviando que este tipo de actuacións se acometen sempre con achegas económicas procedentes de varias administracións públicas, que neste caso deberían ser a Xunta de Galicia e o Concello".

"O vial que o concello deixará de arranxar", denuncia Estrella Vázquez, "é a principal arteria de comunicación do único polígono industrial co que conta Ordes e que constitúe o principal foco de actividade empresarial do municipio. Ese vial tamén da servizo aos usuarios da gardería municipal, ao parque de bombeiros e a outros servizos que utilizan a cotío un elevado número de usuarios".

Así as cousas, o Partido Popular de Ordes aproveitou este comunicado para denunciar que a situación económica do Concello de Ordes "bordea a bancarrota" a consecuencia dos "caprichos faraónicos inservibles" promovidos polo grupo de Goberno da localidade. O Goberno, aseguran dende o PP, "prefire enterrar cifras millonarias en medidas inservibles para os veciños, como o acondicionamento dos baixos da Alameda de vila, en lugar de financiar medidas que resulten útiles para as empresas, os traballadores e os veciños do concello".

A frase de Estrella Vázquez, presidenta da xestora do Partido Popular de Ordes
"Mentres o concello segue derrochando cartos nesas obras, o vial interior do polígono industrial seguirá sen ser arranxado, malia que presenta un estado lamentable, cheo de fochancas que irán a máis co paso do tempo por falta da conservación axeitada"

*