"Na actualidade o Concello non dispoñía de contedores para repoñer, nin sequera para emerxencia", asegura a dirixente popular
As xestións foron realizadas pola popular ante a consellería de Medio Ambiente
O Partido Popular de Ordes ven de conseguir que a consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia asigne a Ordes un lote de 60 novos contedores de Resíduos Sólidos Urbáns que segundo os populares, "permitirán substituír aos deteriorados e mesmo ampliar os puntos nos que os veciños poden depositar o lixo". O feito foi posible grazas ás xestións levadas adiante pola presidenta da xestora local do PP de Ordes, Estrella Vázquez, ante a Administración autonómica para incrementar o número de contedores dos que dispón o municipio, "posto que na actualidade o Concello non dispoñía de contedores para repoñer, nin siquera para emerxencias", tal e como asegura Vázquez en nota informativa.
As frases de Estrella Vázquez, presidenta da xestora do PP de Ordes
"O Partido Popular de Ordes continúa a efectuar xestións para incrementar os equipamentos públicos no municipio ante a inoperancia amosada polo Concello"
"Mentres no Concello se dedican a facer propaganda e organizar festas, o PP local xestiona dotacións que benefician a todos os veciños de Ordes”
*