viernes, 5 de marzo de 2010

Colosal éxito da campaña 'Ordes por Haití e Chile'

.
Ubicarán uchas no comercio ordense e os solidarios/as poderán participar no sorteo de agasallos

As cantidades recadadas serán entregadas á Cruz Vermella quen as destinará a Haití e Chile

A campaña de recollida de cartos en favor de Haití e Chile está resultando un éxito de convocatoria sen precedentes na vila. Organizada pola Asociación Cultural 'Camiño Real' de Poulo, a Asociación de Hostelería de Ordes, a Asociación Cultural e Deportiva Poulo e a Asociación de Comerciantes de Ordes (Acordes), a campaña consistirá na ubicación de uchas nos comercios e locais de hostelería da vila.

Por cada euro aportado, o solidario/a poderá cubrir unha rifa para o sorteo de agasallos doados por varias entidades deportivas e comercios ordenses. Entre eles se atopan camisolas, balóns, sticks de hockey asinados, entradas para encontros deportivos, unha cea para dúas persoas, un vale de compra por valor de 100 euros en comercios de Acordes, CDs, DVDs, un curso de inglés, libros, chalecos para pesca ou caza, unha pandeireta, gorras, monedeiros, un cuadro, puntillas, e cerámica, entre outros.

A campaña rematará o vindeiro domingo 21, se ben a apertura de uchas terá lugar o mércores 24 para facer entrega da cantidade recadada á Cruz Vermella o día seguinte, ao igual que o sorteo das doazóns.

As entidades colaboradoras son:
R.C. Deportivo da Coruña
Hockey Club Liceo Coinasa
R. C. Celta de Vigo
Autos Lobelles Xacobeo 2010 Fútbol Sala
Xacobeo 2010 Blu:sens Obradoiro CAB
S.D. Ordes
Mesón do Vento C.F.
S.D. Montaos
A.C.D. Poulo
A.D. Vilamaior
Vila de Ordes F.C.
Veteranos de Ordenes C.F.
A.C. Ordenes
Club Atletismo Ordes
Jogafán Fútbol Sala
FemiOrdes Fútbol Sala
Peña de Chave Leira
S.E.O.
Sociedad Excursionista Científica de Ordes
Iván Raña Fuentes
.
Asociación Cultural 'Camiño Real' de Poulo
Asociación Cultural 'Os Xeitosos' de Trazo
Asociación Folclórica 'Sementes do Arte' de Ordes
Asociación Cultural e Tempo Libre 'Tarandeira'
Asociación Cultural 'Meigas Fora' de Poulo
Asociación Grupo de Gaitas 'Os Viqueiras' de Ordes
Asociación Xuvenil 'Entre Lusco e Fusco' de Ordes
Asociación Cultural de Veciños de Leira
Asociación Cultural 'Amigos da Música' de Ordes
.
Dios ke te Crew
Kastomä
Axouxere Folk
.
Libraría Arume
Artes e Xogos de Ordes
.
Casa Nostra
Puntadas
Casa Rural 'Antón Veiras'
Discoteca LP45
Fotos José Ramón
Gráficas ALPI
Asociación de Hostelería de Ordes
Asociación de Veciños de Poulo
Asociación de Amas de Casa de Ordes
Asociación de Discapacitados de Ordes
Asociación de Defensa de Galicia
Sindicato Unións Agrarias UPA
Cruz Vermella Ordes
.
Concello de Ordes
Unión por Ordes
Partido Popular de Ordes
Agrupación Local do PSG-PSOE de Ordes
Bloque Nacionalista Galego de Ordes
Terra Galega de Ordes
Nova Alternativa de Ordes
Galiza Nova de Ordes
.
Radio Ordes
'Land Rover' -CTV

*