.
O Concello súmase aos actos conmemorativos do Día da Muller Traballadora
O eslogan escollido polos ordenses é: “A igualdade entre mulleres e homes é unha condición previa para o crecemento sostible, o emprego, a innovación, a competitividade e a cohesión social”
O Concello de Ordes sumarase aos actos conmemorativos do 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, adheríndose á Declaración de Cádiz asinada por 25 ministras e representantes dos gobernos da Unión Europea no II Cumio Europeo de Mulleres no Poder, celebrado o pasado mes de febreiro nesa cidade andaluza.
Se trata dun texto que reivindica a rentabilidade das políticas de igualdade entre mulleres e homes para sair da crise económica e insta a acabar cos “obstáculos” que impiden a plena participación da muller en todos os ámbitos.
O Concello difundirá o eslogan nas súas plataformas de comunicación
Así e con motivo da conmemoración deste día, o Concello difundirá unha das frases recollida en dita declaración a través das diferentes plataformas informativas municipais, como son as pantallas luminosas do municipio, a web do Concello e a radio municipal.
A mensaxe escollida foi a seguinte “A igualdade entre mulleres e homes é unha condición previa para o crecemento sostible, o emprego, a innovación, a competitividade e a cohesión social”.
Podes escoitar a Declaración de Cádiz, presentada pola ministra de Igualdade Bibiana Aído, facendo clic baixo estas liñas:
*