A piscina climatizada cústalle ao Concello 330 euros cada día do ano e, asegura Regos, "é importante que se estudien as posibles medidas que se deberían desenvolver"
Manuel Regos desmentiu esta mañá as acusacións do edil nacionalista Ramiro Recouso, ante unha moción de urxencia presentada no último pleno acerca da piscina municipal climatizada, na que acusan ao primeiro edil de non ter en conta as demandas dos usuarios de ditas instalacións sobre a mellora das mesmas.
O alcalde insistiu en que, tal e como se explicara xa no propio pleno aos nacionalistas, "os técnicos municipais están estudiando os datos económicos da piscina para valorar as medidas que se poderían levar a cabo nas instalacións". Regos explicou ademais que a piscina conleva un investimento de 120.000 euros ao ano para o Concello, polo que insistiu na importancia de que se estudien as posibles medidas que se deberían desenvolver. O primeiro edil volveu a explicar ademais que no momento no que os técnicos teñan valorados todos os datos se informará ao pleno sobre os mesmos.
Regos lamentou que os nacionalistas continúen coa súa política de desprestixiar o traballo do goberno a través de mentiras e acusándoo de non atender as demandas dos veciños e veciñas do municipio co único fin de desgastar ao goberno local.
As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"O noso deber é atender aos nosos veciños e veciñas e ás súas demandas, e nesta ocasión ao igual que no resto, tamén estamos traballando para intentar mellorar na medida do posible os servizos da piscina"

"Tal e como explicamos xa no pleno, os técnicos municipais están estudiando os datos económicos da mesma para despois poder valorar as medidas a tomar”
Foto (eOrdes): Piscina climatizada municipal Iván Raña
*