lunes, 15 de marzo de 2010

E que facemos cos nenos durante as vacacións de Semana Santa?

.
Os días 29, 30, 31 de marzo e 5 de abril os nenos e nenas poderán disfrutar de xogos e obradoiros co fin de que os seus pais ou tutores poidan conciliar a vida laboral e familiar durante as vacacións

O Concello habilitará un servizo de transporte gratuíto


Os interesados deben dirixirse ao departamento de Educación, Mocidade e Discapacidade, na planta baixa do Concello ou nos teléfonos 981 680002 ou 981 680157


O Concello de Ordes xa ten aberto xa o prazo de inscrición para a celebración dunha nova edición do programa 'Conciliar será fácil e divertido' que organiza a concellería de Educación, Mocidade e Discapacidade que dirixe Silvia Marín, co fin de que os pais e nais do municipio poidan conciliar a vida laboral e familiar durante as vacacións escolares dos seus fillos.

No local cultural da rúa Reconciliación
Nesta ocasión tratarase da realización durante as mañás dos días 29, 30, 31 de marzo e 5 de abril, de diferentes obradoiros e xogos dirixidos por monitores que darán comenzo ás 9 da mañá ata as 14 horas. O lugar elexido en principio, para a realización destas actividades é o local cultural da rúa Reconciliación.

Ademais o Concello poñerá a disposición dos participantes un servizo de transporte gratuíto para os nenos e nenas que vivan nas parroquias, deseñándose as rutas do mesmo en función das persoas inscritas.

Poderán participar nas actividades os nenos e nenas que estean escolarizados en educación Infantil ou Primaria neste curso. Haberá prazas limitadas e a admisión realizarase por orde de chegada. O prezo é de 4 euros habendo un 50 por cento de bonificación no caso de familias numerosas.

Todos aqueles que estean interesados en inscribir aos seus fillos deben facelo no departamento de Educación, Mocidade e Discapacidade, situado na planta baixa do Concello, podendo solicitar máis información tamén a través dos teléfonos 981 680002 ou 981 680157.

A frase de Silvia Marín, concelleira de Educación de Ordes
"Trátase de actividades de Semana Santa nas que as familias poderán deixar aos seus fillos durante as mañás de vacacións, que teñen como único fin facilitar a conciliación co traballo dos pais, e ao mesmo tempo que os pequenos se divirtan con xogos e obradoiros"

Foto: Obradoiros infantís das pasadas vacacións do Nadal.

*