martes, 30 de marzo de 2010

O arzebispo Julián Barrio visita Ordes

.
Co gallo da coronación canónica da Virxe dos Dores e da Soidade e como peche das obras da igrexa parroquial

A conselleira Pilar Farjas, convidada pola cofradía, estará presente no acto

O Arzebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio (Manganses de la Polvora, 1946), visitará hoxe a vila de Ordes co gallo da coroación canónica da Virxe das Dores e da Soidade na igrexa parroquial, ademais da inauguración das obras de reforma que tiveron lugar no templo.

Antes, está previsto que ás 18:30 horas o Arzebispo sexa recibido na Casa do Concello polo alcalde, Manuel Regos e a corporación municipal, para logo ás 19:00 horas desprazarse ata a igrexa.

Semana Santa ordense
Desta maneira daranse por comenzados os actos que se celebrarán no municipio con motivo da Semana Santa, que terán tamén outro dos seus días grandes o Venres Santo coa celebración da Procesión ás 21:00 horas. Unha procesión na que está previsto que se poidan ver as imaxes da Virxe dos Dolores e da Soledad e o Cristo Crucificado, que sairán da igrexa e pasarán pola rúa Rosalía de Castro, rúa dos Lagartos, rúa do Recreo, Mediodía, e avenida de Alfonso Senra para volver á igrexa parroquial.

A organización da Semana Santa ordense corre a cargo da Cofradía das Dores e da Soidade e o párroco, contando ademais coa colaboración do Concello de Ordes.

A conselleira de Sanidade, presente nos actos
Tamén confirmou a súa presenza no acto a conselleira de Sanidade Pilar Farjas, quen actuará en representación do Goberno da Xunta de Galicia. A conselleira foi convidada pola Confraría de Nosa Señora das Dores e da Soidade.

Fotos: O arzebispo de Santiago de Compostela, monseñor Julián Barrio Barrio nun oficio relixioso.

*