lunes, 1 de marzo de 2010

Preto dun centenar de persoas participaron na charla sobre cambio climático


O encargado de impartila foi Fernando Moraleda, portavoz da Comisión mixta Congreso- Senado de Cambio Climático, que estivo acompañado por Manuel Regos e Xesús Pedreira

A Casa da Cultura acolleu o pasado venres unha charla sobre o cambio climático na que participaron preto dun centenar de persoas, entre as que se encontraron un grupo de alumnos e alumnas do IES Maruxa Mallo, así como representantes de asociacións do municipio e demais público en xeral.

Nos afecta a todos nós
A charla estivo impartida por Fernando Moraleda Quílez, portavoz da Comisión Mixta Congreso- Senado de Cambio Climático, que explicou aos participantes a importancia de ter en conta esta problemática que afecta á sociedade mundial, así como a necesidade de que todos, incluidos os gobernos, tomen conciencia ao respecto. Ademais tamén respostou ás preguntas do público que se interesou polo tema en todo momento.

As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Agradezo a Fernando Moraleda a súa presenza nesta iniciativa levada a cabo polo Concello de Ordes"

"É necesario que todos tomemos conciencia desta problemática, e de aí que dende o Concello de Ordes levemos a cabo este tipo de iniciativas de carácter informativo”

Foto abaixo: Fernando Moraleda (esq.), Manuel Regos e Xesús Pedreira

*