viernes, 12 de marzo de 2010

Comezan as obras da variante da N-550

.
Os socialistas ordenses anuncian o comezo da construccion da ronda este que aspira a poñer fin aos ancestrais atascos da N-550 ao seu paso por Ordes

O Ministerio de Fomento de Xosé Blanco adxudicou obras por valor dun millón de euros nos tramos do noso municipio

A agrupación socialista de Ordes informou esta mañá do inminente comezo das obras para a construccion da ronda este "e poñer fin os importantes atascos da N-550 o seu paso pola vila de Ordes". en concreto, o ministerio comandado polo galego Xosé Blanco levou a cabo actuacións coma o acondicionamento da travesía do Mesón do Vento e mellora das curvas de Gouzón na parroquia de Leira, adxudicadas no ano 2006 á empresa Comsa por un importe de 1.078.945,58 euros. Juan José Ballesteros, secretario de Organización dos socialistas ordenses asegura que "grazas a dita obra, construíronse dúas glorietas á entrada e saída do Mesón para calmar o tráfico, dotouse de beiravías a ambas marxes e dispúxose iluminación na glorieta de entrada e na travesía".

No tocante á curva de Gouzón, "incrementouse notablemente o radio da mesma, facéndoa deste xeito máis aberta e rectificando así o trazado da N-550 nese tramo, aumentando notablemente a visibilidade e a seguridade viaria".

Estudio da variante
Outra das actuacións do ministerio, informa Ballesteros, foi a redacción do estudo informativo da variante á N-550 ó seu paso pola vila de Ordes e sometemento do mesmo ao trámite de información pública, "ascendendo ó importe de licitación de dito estudo a 404.112,10 euros". Este estudo, coordínase co respectivo do tramo Sigüeiro-Padrón, e, unha vez aprobado definitivamente, rematado o trámite de avaliación de impacto ambiental, "poderase redacta-lo correspondente proxecto construtivo e contratar así as obras", confirma.

Por outra banda este compromiso verase reforzado co convenio asinado en febreiro de 2009 entre o goberno municipal e a consellería de Política Territorial, rexentada por María Xosé Caride, " para poder executa-las obras da Ronda Este, as cales darán comezo en breve". Así mismo existe un compromiso por parte de Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia de mellorar en Santa Cruz de Montaos as entradas a Queis e Fosado como tamen do tramo urbano de Ordes.

As frases de Juan José Ballesteros Díaz, secretario de Organización da Agrupación Socialista de Ordes
"Queda demostrada así a preocupación pola seguridade viaria na N-550 por parte dos gobernos socialistas e a capacidade deste grupo municipal o que represento por buscar solucións tanto na administración autonómica como na estatal"

"Non son certas polo tanto as acusacións do PP local sobre o abandono do Ministerio de Fomento pola N-550 o que sí se constata e que en moitos anos de goberno do Partido Popular na Xunta, no Concello de Ordes e en Madrid, non foron capaces de conseguir poñer en marcha ningún dos proxectos anteriores e que agora sí, se verán feitos realidade en breve co comezo das obras da Ronda Este"


*