Será o Concello en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística do IES Nº 1
Serán sete etapas que darán comenzo o día 10 de abril en O Cebreiro e rematarán o 6 de maio en Santiago
Os interesados poderán inscribirse no Concello ou a través do teléfono 981 680002
O Concello de Ordes, a través das concellerías de Educación, Mocidade e Discapacidade, o departamento de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade, en colaboración co equipo de Normalización Lingüística do IES Nº1 organizan unha actividade de sendeirismo titulada 'Os Camiños de Santiago en Galicia', que vai xa pola súa segunda edición.
Se ben o ano pasado se realizaba unha peregrinación a Santiago percorrendo o Camiño Inglés, este ano a ruta elexida foi o Camiño Francés, dando comenzo en O Cebreiro ata o capital galega.
O percorrido dividirase en sete etapas, realizándose as andainas todos os sábados e sendo o inicio de cada tramo, o punto de chegada do anterior. Os participantes desprazaranse a cada un destes puntos de inicio en autobús dende Ordes.
Xornada de quentamento este sábado
Pero antes de comenzar as etapas haberá unha xornada de preparación, que terá lugar o próximo 27 de marzo, na que se fará unha andaina polo roteiro do río Mercurín.
En canto ás etapas propiamente ditas, darán comenzo o día 10 de abril en O Cebreiro, unha etapa que se dará por finalizada en Triacastela. A segunda das etapas, que terá lugar o 17 de abril, irá dende Triacastela a Sarria, a terceira de Sarria a Portomarín o 8 de maio, a cuarta de Portomarín a Palas de Rei o 15 de maio, a quinta de Palas de Rei a Arzúa o 22 de maio, a sexta de Arzúa a Arca o 29 de maio, e por último a séptima das etapas percorrerá 19 kilómetros do Camiño Francés dende Arca a Santiago de Compostela o 5 de xuño.
Todos aqueles que estean interesados en participar poderán inscribirse e recibir máis información no Concello ou a través do teléfono 981 680002, ata o xoves anterior a cada unha das etapas.

Foto y vídeo: Pedrafita do Cebreiro, un dos lugares máis máxicos de toda Galicia.
*