Vaise distribuír na comarca unha táboa de baremación da taxa de alcol en sangue
O alcol con xeo ou refrescos ten os mesmos efectos que só
A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes vai levar a cabo unha campaña sobre os efectos do alcol no organismo, no que participarán os sete concellos da comarca (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo) así como os distintos centros educativos.
Unha campaña que inclúe o reparto dunha Táboa de Baremación elaborada polo Servizo de Prevención de Drogodependencias e que permite calcular, dun xeito aproximado, a taxa de alcol en sangue. Esta Táboa, deseñada a modo de tríptico e dun tamaño semellante ao dun DNI, inclúe unha serie de mensaxes preventivas sobre os efectos do alcol na conducción e consellos a seguir para lograr unha “marcha seguriña”.
Pero se por algo chama a atención esta táboa é pola posibilidade de calcular a taxa de alcol en sangue dunha persoa de acordo coas seguintes variables: sexo, peso e se a persoa bebe durante unha comida ou en xaxún. Así, un home de 90 quilos de peso podería tomar dúas cervexas en xaxún (ou tres durante unha comida) sen dar positivo; mentras que unha muller de 50 quilos só podería tomar unha bebida en ambos casos (contándose por unha bebida 25 centilitros de cervexa, 10 cl de viño ou 3 cl de whisky). Unha baremación que, en todo caso, pode variar en función de factores físicos e/ou psicolóxicos de cada persoa.

Podes escoitar as declaracións de Manuel Astray para Radio Ordes
Transporte público como alternativa
No caso do traballo cos rapaces, os técnicos da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes farán fincapé nas mensaxes preventivas que inclúe esta Táboa de Baremación. Así, se aconsella planificar, antes de saír de marcha, a volta a casa e se recomenda o uso do transporte público como alternativa.

Tamén apunta a posibilidade de elixir, dentro dun grupo de amigos, un condutor que non beba esa nite ou chamar a un familiar ou amigo que nos recolla se bebimos, “merécelles a pena porque prefiren que volvas san e salvo”, apunta o propio tríptico. Ademais, inclúe consellos cara terceiras persoas como non deixar que os amigos conduzan bébedos e non meterse nun coche cun condutor que bebese.
Conta o alcol, non os xeos
Tamén se lembra que, puro ou diluido con auga/xeo/soda, o alcol ten os mesmos efectos xa que únicamente conta a cantidade de alcol, non o volume ou a disolución da bebida. Así mesmo, a Táboa de Baremación da Mancomunidade de Ordes tamén recolle un recordatorio: a taxa legal de alcolemia, que é de 0,25 mg/l en aire expirado ou de 0,5 g/l en sangue (salvo nos casos dos condutores noveis e condutores profesionais, que é de 0,15 mg/l e 0,3 g/l, respectivamente).
A frase de Mónica González, técnica de Prevención de Drogodependencias da Mancomunidade de Ordes
“A maioría dos condutores ebrios alegan descoñecemento do que poden beber e, ainda que a nosa recomendación é non beber nada se se vai conducir, esta Táboa de Baremación do alcol dá unha resposta a este problema e pode levarse sempre no bolsillo”

*