domingo, 21 de marzo de 2010

Os populares reclaman un plan de austeridade

.
Un propósito "para superar a bancarrota do Concello" e financiar un plan de "reparación urxente das principais estradas"

A concelleira popular Estrella Vázquez fará entrega nos próximo días e no rexistro do Concello dunha moción que inste ao Concello "a elaborar, nun prazo máximo de dous meses, un plan económico-financeiro que redefina as prioridades municipais". Esta moción, informan dende o Partido Popular, "xurde logo de constatar que o Concello acaba de renunciar a unha subvención de 100.000 euros, que lle fora concedida pola Consellería de Industria da Xunta de Galicia para arranxar o vial interior do polígono industrial da localidade". Segundo os populares, esto foi posible "por carecer o Concello dos cartos necesarios para cofinanciar estas obras".

As receitas anticrise do Partido Popular de Ordes
Así as cousas, o PP prantexará as seguintes medidas anticrise:
1. Reprogramar o financiamento previsto para a ampliación da Alameda e as obras da cidade deportiva e da nova Casa Consistorial

2. Baixada dos salarios do grupo de Goberno

3. Creación dun programa de fomento do emprego

4. Esixir as empresas que contraten obras co concello que contraten o persoal e empresas auxiliares de Ordes

5. Reducir o gasto en cartelería

6. Reducir o número de persoal contratado na administración e aumentalo en persoal de obras e servizos

7. Reducir o gasto en carpas, festas, etc. e dedicalo a crear emprego

Os populares ordenses consideran que coa aplicación destas propostas se podería asegurar o financiamento necesario para a inmediata execución de actuacións como o potenciamento do polígono industrial existente; executar as obras de mellora do vial interior do polígono industrial; o arranxamento das estradas das parroquias e a construcción e posta en funcionamento dun centro de día no que podan ser atendidas persoas maiores e dependentes.

Desprazar Servizos Sociais ao edificio da Mancomunidade
Co anuncio de que o edificio de Extensión Agraria pasa a mans da Mancomunidade, asegura Váquez, "tamén se poderían desplazar para o mesmo edificio os servicios sociais do Concello e xa quedaría libre case que toda unha planta da Casa Consistorial para destinala a outros usos".

Tamén o PP quixo lembrar as palabras de Roberto González a comezo da actual lexislatura, de que a súa pretensión era rematar cos baches nas estradas de Ordes en sete meses. "O que non precisou naquel momento foi de que ano, agrega agora Vázquez.

A frase de Estrella Vázquez, concelleira do PP e presidenta da xestora do PP de Ordes
“O Partido Popular ten claro que Ordes non precisa agora unha nova Casa Consistorial e que con eses cartos podese poñer en marcha un Centro de Día e atender outras necesidades sociais que o Goberno prefire ignorar no seu empeño por financiar caprichos inútiles, como os baixos da Alameda nos que leva enterrado máis dun millón de euros

*