miércoles, 17 de marzo de 2010

O Concello conmemora mañá o Día Mundial Forestal

.
Haberá unha plantación de árbores autóctonos realizada por escolares do municipio

O Concello de Ordes, a través das concellerías de Medio Ambiente, Medio Rural e Educación, ten previsto conmemorar mañá día 18 de marzo o Día Mundial Forestal.

Para esta nova xornada, que vai xa pola súa terceira edición, os actos previstos no programa terán aos escolares do municipio como protagonistas.

Así 150 alumnos e alumnas de Primaria dos colexios Castelao e Campomaior participarán nos actos conmemorativos deste día, uns actos que darán comenzo a partir das 11:30 horas da mañá no Balado, nunha parcela municipal nas inmediacións do Punto Limpo.

Os escolares realizarán unha plantación de especies autóctonas, ademais de poder disfrutar dun contacontos co fin de que os alumnos se poidan dividir en varios grupos e alternar as plantacións coa actividade do contacontos.

Na plantación de árbores está previsto que participen tamén membros do goberno local do Concello de Ordes.

*