jueves, 18 de marzo de 2010

Comenzadas as obras do primeiro tramo da Ronda Leste


Regos: "Con estas obras solucionaranse os problemas que o paso dos camións de Sogama están a producir"

O trazado bordea Ordes por Leste e permitirá a desconxestión do tráfico pesado na N-550

O pasado luns deron comenzo as obras do primeiro tramo da ronda leste. Unhas obras, consistentes na construcción dun vial alternativo, coas que dende o grupo de goberno esperan resolver os problemas que provoca para a cidadanía o paso dos camións de Sogama polo centro urbano da localidade.

O trazado desta travesía alternativa, bordea Ordes polo Leste, facendo o percorrido N-550-AC-524-N-550, o que permitirá a desconxestión da estrada nacional ao desviar o tráfico pesado que está a pasar polo casco urbano de Ordes.

As obras deste primeiro tramo realizaranse nun traxecto de aproximadamente 740 metros e o custo das mesmas é de 868.000 euros, incluidos nos máis de 2 millóns de euros que destinou para este proxecto a consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta.
A calzada terá aproximadamente 10 metros de ancho, cunha mediana central, beirarrúas e un carril bici.

As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Esta foi unha das nosas promesas ao chegar ao goberno e tal e como poden comprobar os veciños e veciñas de Ordes estase a cumprir"

"Con estas obras solucionaranse os problemas que o paso dos camións de Sogama estaban a producir aos veciños e veciñas de Ordes, conseguindo o desvío do tráfico pesado do casco urbano do municipio”
*