.
Criticas nacionalistas ao alcalde por non realizar as obras de mellora e ampliación da piscina e despilfarrar diñeiro co cuartel da Garda Civil e a Alameda
O concelleiro do BNG, Ramiro Recouso instou hoxe ao alcalde de "deixar de facer gastos superfluos" e atenda ás demandas dos usuarios da piscina climatizadada afrontando unha serie de reformas de ampliación que xa foran suxeridas polo propios usuarios. Por contra, Recouso acusou a Regos de "despilfarrar" cartos públicos en obras "pra encher nada mais que o seu ego persoal", poñendo como exemplo de esto último, obras como a ampliación da Alameda de Ordes "nas que [Regos] gastou mais de 800.000 euros nunha obra que os veciños califican de cortellada”.
Segundo o concelleiro, “Regos demostra que non está capacitado para rexer os destinos do Concello de Ordes, cando leva tres anos estudando os datos económicos da piscina climatizada para afrontar unha urxente reforma e ampliación das instalacións que tanto demandan os usuarios e usuarias da mesma.”
Tamén o nacionalista insistiu no xa polémico baixo municipal que agora ocupa a Garda Civil de maneira temporal. Según Recouso, son obras e financiamento por valor de 500.000 euros "que non competen ao Concello senón ao Ministerio do Interior". Por último, manifestou de igual modo que “a última mostra de que Regos non atende as demandas e necesidades dos veciños é o feito de “escamotearlle” ás asociacións culturais e deportivas de Ordes as subvencións do ano 2009, axudas consignadas nos orzamentos municipais cun importe de 62.000 euros”
*