martes, 2 de marzo de 2010

Un documental sobre o 'galego extremeño' no IES nº 1

.
A asociación cultural Foucelhas programa o visionado do filme 'Entre Línguas' o venres 5 ás 19:00 h.

A asociación cultural ordense Foucelhas prepara para este venres 5 de marzo a emisión do documental 'Entre Línguas', dos realizadores Joâo Aveledo, Vanessa Vila Verde e Eduardo Maragoto, que estarán presentes no visionado.

"Ao longo da raia con Portugal existen cinco territorios que, por diversas circunstancias históricas, pertencen ao lado español da fronteira", afirman os realizadores na entradilla do filme. "Isto provocou que, nas provincias de Zamora, Salamanca, Cáceres e Badajoz, certas vilas, e ata concellos enteiros, conservasen uns dialetos que conservan un enorme parecido co galego".

O acto terá lugar no IES nº 1 de Ordes ás 19:00 horas.

Podes ver o trailer do filme baixo estas liñas: