Foron unha trintena de alumnos e alumnas de Diseño de Moda da Escola de Arte Mestre Mateo
Está previsto que o edificio abra as súas portas ao público a partires do 27 de marzo
Unha trintena de alumnos e alumnas da Escola de Arte Mestre Mateo de Santiago visitaron esta mañá o Museo do Traxe Juanjo Linares. Tratouse de estudantes de Diseño e Moda que quixeron coñecer de primeira man a colección de traxes de Juanjo Linares que se expoñen no museo ordense.
A encargada de recibir aos alumnos foi a concelleira de Educación, Silvia Marín, que explicou aos estudantes algunhas das características da colección do bailarín e coreógrafo ordense, así como a súa historia.
A pesar de non estar aberto ao público, o Museo pode ser visitado por grupos de escolares de maneira gratuíta, tal e como anunciaran xa no seu día dende o goberno local, previa cita no Concello.
*