miércoles, 10 de marzo de 2010

Se plantarán árbores para celebrar o Día Mundial Forestal

.
O Concello celebra esta data o próximo 18 de marzo cunha xornada adicada aos escolares

Os centros escolares que queiran participar poden apuntarse chamando ao teléfono do Concello (981 680002)


O Concello de Ordes, a través das concellerías de Medio Ambiente, Medio Rural e Educación, ten previsto celebrar o vindeiro xoves día 18 de marzo o Día Mundial Forestal. Para esta data, os actos previstos estarán dirixidos polo profesor Francisco Peña, e terán aos escolares ordenses como protagonistas.

Para os alumnos e alumnas de 1º da ESO en adiante, ás 11 horas na Casa da Cultura de Ordes celebrarase unha conferencia-coloquio que levará por título 'Árbores Monumentais de Galicia' que correrá a cargo de Carlos Dacal, catedrático de Ciencias Naturais, na que por medio de imaxes e anécdotas farase un percorrido das árbores máis emblemáticas da nosa terra. A continuación da mesma os participantes trasladaranse ao Balado para realizar a tradicional plantación de árbores.

Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes o conta para Radio Ordes:




Os actos terán lugar no Balado
Por outro lado e dirixido aos nenos de educación Infantil e Primaria, ás 11:30 horas tamén no Balado, terá lugar unha plantación de especies autóctonas. Ademais para estes escolares disporase dun animador que organizará grupos e actividades para alternar a plantación con outras iniciativas ata as 12:30 horas.

Os centros escolares que queiran participar nesta xornada todavía poden apuntarse ata o próximo luns 15 de marzo chamando ao teléfono do Concello (981 680002), teléfono no que tamén se facilitará máis información ao respecto da xornada.

*