sábado, 27 de marzo de 2010

De Ordes, dereitiñas a Silicon Valley


O Concello entregou os diplomas aos participantes nos cursos correspondentes á iniciación e perfeccionamento de Windows XP

Comeza agora os de iniciación a internet e Excel

O Concello fixo entrega onte dos diplomas aos participantes no curso de iniciación a Windows XP que se realizou a través do circuito de actividades desenvolvidas este trimestre polo departamento de Cultura e Deportes que dirixe José Ramón Vázquez Raña.

Foron un total de 12 os participantes neste curso, aos que se sumarán outros tantos alumnos e alumnas que participaron no curso de perfeccionamento do que se fixo hoxe sábado a entrega dos diplomas.
A encargada de entregar os recoñecimentos foi a concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade, Silvia Marín, que felicitou aos participantes e mostrou a súa satisfacción polo bo resultado do curso.

Iniciación a internet e Excel
Estes dous cursos de informática que acaban de rematar darán paso a outro grupo de obradoiros que terán lugar do 6 de abril ao 6 de maio, tamén na aula de informática municipal, correspondentes a un curso de iniciación a internet, os martes e xoves de 17 a 19 horas, e a un curso de iniciación a Excel os martes e xoves de 19 a 21 horas.

*