A proposta dos nacionalistas ordenses pasa por descartar a ampliación e incineración e descentralizar a planta
O BNG de Ordes celebrou onte unha reunión cos veciños e o movemento asociativo de Ordes para coordinar as actuacións a desenvolver na campaña contra a ampliación das instalacións de Sogama.
Na xuntanza que tivo lugar no restaurante El Túnel, informouse do “perigo que supón para o medioambiente e a saúde pública a ampliación do vertedoiro da Areosa”, segundo manifestou o portavoz do BNG de Ordes, Gonzalo Castro.
O portavoz nacionalista confirmou que na reunión “constatouse a preocupación existente diante de feitos constatados como o verquido de lixiviados aos ríos colindantes, o enterramento de medicamentos, ou mesmo os incendios que se teñen declarado no propio vertedoiro, que non fan máis que poñer de manifesto que a xestión dos residuos que se está a facer na actualidade dista moito de ser medioambientalmente sostible e pode ter consecuencias irreversíbeis para o medioambiente e a saúde da nosa comarca”.
Mobilización social con recollida de sinaturas
Castro informou de que a principal conclusión da reunión “foi a necesidade de iniciar unha mobilización social co obxectivo de frenar un proxecto que pretende convertir a comarca de Ordes no vertedoiro de todo o país, reforzando un modelo de tratamento de residuos que se ten demostrado moi perxudicial para o medioambiente e que constitue un perigo para a saúde, como ben sabemos no concello de Ordes”.
A frase de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
"Como primeira medida a adoptar nesta campaña, acordouse impulsar unha recollida de sinaturas, para instar á Xunta a variar o modelo de xestión de residuos, descartando a ampliación da planta de Sogama, descentralizandoo e abandonando a incineración"
Foto: Vista da reunión de onte no restaurante El Túnel cun grupo de veciños.

*