lunes, 8 de marzo de 2010

O PSOE de Ordes programa para este xoves un coloquio sobre educación

.
Serán debatidos temas tan controvertidos como a gratuidade dos libros do texto e os conflictos lingüísticos no ensino galego

O debate terá lugar no restaurante El Túnel ás 20:30 h.

A secretaría de Educación da Agrupación Socialista de Ordes de Antonio Morán, programará para este xoves 11 de marzo ás 20:30 h. unha charla coloquio sobre educación a cargo do parlamentario socialista Guillermo Meijón Couselo.

Sobre as mesas do restaurante El Túnel, e coa intervención de todos os presentes debatiranse os temas educativos de maior interese e repercusión na actualidade coma son a gratuidade dos libros de texto para os estudantes, o conflicto lingüístico no ensino, e os problemas dos centros escolares do municipio, entre outros moitos temas.

A participación na charla coloquio e completamente libre e gratuíta.

Quen é Guillermo Meijón?
Pontevedra, 1958. Mestre e licenciado en Pedagoxía. Orientador escolar. Foi concelleiro de Educación do Concello de Pontevedra polo período 1999-2005. Actual secretario de Educación da Comisión Executiva Galega do PSdeG-PSOE e portavoz de Educación do PSdG-PSOE no Parlamento de Galicia.

Podes coñecer toda a súa actividade parlamentaria a través desta ligazón.
.
Vos deixamos cun clásico do rock moi educativo e de obrigado visionado: The Wall, de Pink Floyd (1979).