lunes, 8 de marzo de 2010

Castro clama pola mobilización social para frenar unha posible ampliación do vertedoiro da Areosa

.
O BNG de Ordes impulsará unha campaña informativa sobre a ampliación de Sogama

Castro: "Resulta necesaria a mobilización social co obxectivo de frenar un proxecto que pretende convertir a comarca de Ordes no vertedoiro de todo o país"

O BNG de Ordes anunciou hoxe o comezo dunha campaña informativa sobre a ampliación das instalacións que se pretenden dende a pranta que Sogama ten no concello veciño de Cerceda. Gonzalo Castro, confirmou que “o BNG de Ordes está a coordinar unha serie de actuacións cos colectivos sociais do concello, co obxectivo de informar aos veciños e veciñas de Ordes do perigo que supón para o medioambiente e a saúde pública a ampliación do vertedoiro da Areosa”.
.
"Depósito de resíduos non perigosos" segundo a web
"O vertedoiro controlado da Areosa", segundo a propia web da Sociedade Galega do Medio Ambiente, "foi aberto no ano 1996 co obxecto de ser utilizado para o depósito de resíduos non perigosos, incorporando todas as medidas ambientais e de seguridade". Segundo o portavoz nacionalista, "co proxecto de ampliación da súa capacidade en máis de 342.000 toneladas convertirase no vertedoiro da meirande parte do país”.

Para Castro, “feitos constatados como o verquido de lixiviados aos ríos colindantes, o enterramento de medicamentos, ou mesmo os incendios que se teñen declarado no propio vertedoiro, non fan máis que poñer de manifesto que a xestión dos residuos que se está a facer na actualidade dista moito de ser medioambientalmente sostible e pode ter consecuencias irreversíbeis para o medioambiente e a saúde da nosa comarca”.

Castro alertou de que “a ampliación do vertedoiro de Areosa practicamente no dobre da súa capacidade actual, fai sospeitar que o goberno da Xunta segue a valorar a opción da ampliación das instalacións da incineradora de Sogama en Cerceda, tal e como ten recoñecido recentemente o propio conselleiro de Medio Ambiente”.

Podes coñecer as palabras de Castro para Radio Ordes facendo clic baixo estas liñas:



As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG
"Resulta urxente e necesaria a mobilización social co obxectivo de frenar un proxecto que pretende convertir a comarca de Ordes no vertedoiro de todo o país, reforzando un modelo de tratamento de residuos que se ten demostrado moi perxudicial para o medioambiente e que constitue un perigo para a saúde, como ben sabemos no concello de Ordes”

“O BNG impulsará, xunto cos colectivos sociais de Ordes, unha campaña reivindicativa para obrigar á Xunta a variar o modelo de xestión de residuos, descartando a ampliación da planta de Sogama, descentralizandoo e abandonando a incineración

*