Entre as novidades están cursos de informática sobre iniciación a Windows XP, internet e Excel, ademais de darse continuidade a outros obradoiros como o de pandeireta, gaita, tiro con arco e pilates
Para máis información acerca destes obradoiros, os interesados poden acudir ao departamento de Cultura e Deporte do Concello de Ordes ou chamando ao 981 680002
A concellería de Cultura e Deporte de Xosé Ramón Vázquez Raña, deu comenzo xa ás actividades incluidas no novo circuito de actividades culturais e deportivas dirixidas a todos os veciños e veciñas do municipio.
Concretamente, ademais das novidades, deuse tamén continuidade a algúns dos obradoiros que comenzaran xa no primeiro trimestre deste ano dada a boa acollida e a continua asistencia dos participantes. Trátase dos cursos de pandeireta, gaita tiro con arco, pilates e dous cursos de perfeccionamento de Windows XP, que se seguirán desenvolvendo ata maio.
Do 6 de abril ao 6 de maio tocaralle o turno a un obradoiro de iniciación a internet, que terá lugar os martes e xoves de 17 a 19 horas, e por último, tamén do 6 de abril ao 6 de maio celebrarase un curso de iniciación a Excel os martes e xoves de 19 a 21 horas.
A frase de Vázquez Raña, concelleiro de Cultura e Deportes de Ordes
"Con esta iniciativa pretendemos que as actividades culturais non sexan única e exclusivamente actos ou eventos puntuais vencellados a momentos significativos como pode ser o Nadal ou o Entroido, senón que os veciños e veciñas de Ordes poidan disfrutar de actividades culturais ao longo de todo o ano, á vez de recibir formación en diferentes materias"
*