viernes, 12 de marzo de 2010

A Inspección Técnica de Ciclomotores estará no Mesón o 14 de abril

Para vehículos de máis de tres anos de antigüidade

Co fin de facilitar a Inspección Técnica de Ciclomotores de dúas rodas de máis de tres anos de antigüidade no Concello de Ordes, a unidade móbil prestará servizo na nave de gando do Campo da Feira de Mesón do Vento, o próximo 14 de abril.

O horario de funcionamento desta unidade será pola mañá de 09:00 a 13:30 horas, e pola tarde de 15:30 a 18:00 horas.

Asignarase hora de atención ao público directamente na estación móbil o día de chegada ao Mesón do Vento.

*