domingo, 14 de marzo de 2010

Rotundo éxito da Festa do Lacón con Grelos


Milleiros de visitantes pasaron pola cita festiva organizada polo Concello no Mesón do Vento

O recinto feiral de Mesón do Vento recibiu durante toda esta fin de semana a milleiros de visitantes que non se quixeron perder unha nova edición da Festa do Lacón con Grelos organizada polo Concello de Ordes.
. As exposicións de gando tiveron o seu atractivo nas doce parellas de bois que se puideron ver no recinto, algo calificado como “extraordinario” polo concelleiro de Promoción Económica, Mercados e Exposicións, José Luis Gómez Candal, ademais das mostras doutras razas de gando autóctono como a limiana, vianesa e cachena, en perigo de extinción, sem olvidarse da rubia galega que tamén tivo o seu sitio no recinto.
.
Concentración cabalar
A xornada grande dos festexos, a de hoxe domingo, contou cunha gran afluencia de público que puido disfrutar tanto das exposicións de gando como de maquinaria agrícola, da concentración cabalar con concursos en diferentes modalidades, da concentración moteira, da degustación gratuíta de lacón con grelos nos establecementos da zona, e finalmente dunha homenaxe que o Concello quixo facer ao presidente da Asociación de Veciños de Mesón do Vento, Ramiro Martínez García, que recibiu de mans do alcalde, Manuel Regos, unha placa conmemorativa deste día e demais agasallos.

Dende o goberno local calificaron esta nova edición da festa como de "rotundo éxito", conseguindo que xa se teña consolidado dentro dos festexos do municipio, e que cada ano conte cun maior número de visitantes que se achegan ata Mesón do Vento.
.

*