Máis de 150 escolares ordenses participaron esta mañá na plantación de árbores organizada polo Concello con motivo da conmemoración do Día Mundial Forestal
Máis de 150 escolares dos colexios Campomaior e Castelao participaron esta mañá na xornada organizada polo Concello de Ordes con motivo da conmemoración do Día Mundial Forestal. Unha xornada que vai xa pola súa terceira edición e que volveu a ter aos alumnos e alumnas dos centros de ensino da localidade como protagonistas.
Nunha parcela municipal no Balado
A xornada tivo lugar no Balado, nunha parcela municipal, na que os participantes puideron plantar 100 especies, entre carballos e castiñeiros, que se sumaron así ás árbores plantadas xa en anteriores edicións, das que se puido comprobar a súa evolución e o seu bo estado.
Participando nos actos estiveron tamén presentes o alcalde, Manuel Regos, a concelleira de Educación, Silvia Marín e o concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira.