viernes, 5 de marzo de 2010

Mañá os nosos bombeiros estarán de noraboa

.
Celébrase San Xoán de Deus cunha xornada de prevención con exposición de material, xogos para nenos, obradoiros para adultos e simulacros no Campo da Feira

O Concello quixo colaborar cos bombeiros do Parque Comarcal de Ordes na celebración da festividade de San Xoán de Deus no municipio. Unha celebración que terá lugar mañá sábado 6 de marzo e que consistirá nunha xornada de prevención na que haberá exposición de material, xogos para nenos, obradoiros prácticos para adultos e simulacros no campo da feira de Ordes.





Programa de xornada
11:00 h. – Apertura
11:00- 12:00h- Xogos para nenos e obradoiro práctico para adultos
12:00- 12:30h- Práctica de mergullo en fume
12:30- 13:00h- Simulacro de rescate en altura
13:00- 13:30h- Xogos para nenos e obradoiro práctico para adultos
16:30- 17:00h- Práctica de mergullo en fume
17:00- 17:30h- Simulacro de excarceración
17:30-18:00h- Entrega de premios do concurso de debuxos “Emerxencias” previamente convocado nos colexios do municipio ordense
18:00h- Clausura

Quen foi San Xoán de Deus?
Juan Ciudad Duarte
(Montemos-o-Novo, Portugal, 1.495 - Granada, 1550). De novo dedicouse ao coidado e pastoreo de gando. Aos 43 anos instálase en Granada e exerce o oficio de libreiro. Recibe unha forte reacción de disconformidade ante o que veía nas rúas, a pobreza e sufrimento de moitas persoas. No Hospital Real de Granada contempla o trato e situación dos enfermos e pídelle a Deus que poida dispoñer dun hospital onde as persoas poidan recibir outro tipo de trato.

Comeza a perfilar a súa acción hospitalaria, recollendo e atendendo a cantos atopa polas rúas. Os recursos cos que conta son a súa propia persoa e a esmola que consegue das boas xentes co seu lema: “Irmáns, facédevos ben a vos mesmos". Morre o 8 de marzo de 1.550 en Granada, tras unha vida de entrega aos demais e de dedicación total ao servizo dos pobres e dos enfermos. O Papa Alejandro VIII proclámao santo en 1690.

San Xoán de Deus é patrón dos enfermos, enfermeiros e hospitales, co-patrón da cidade de Granada, e dos bombeiros.

Foto: Representación artística de San Xoán de Deus

*