.
Terá lugar o luns 22 de marzo ás 12:00 h. na Casa da Cultura
Pedreira: "O que se pretende é sensibilizar sobre a riqueza natural e cultural dos humidais e da necesidade da súa conservación”
A concellería de Medio Ambiente ten previsto celebrar o próximo luns 22 de marzo unha charla sobre os nosos humidais co gallo da conmemoración do Día Mundial da Auga.
Unha charla que baixo o título 'Coidemos dos nosos humidais' será impartida por Rebeca Vázquez, responsable da área de Conservación do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- CEIDA, a partires das 12:00 horas na Casa da Cultura de Ordes. Se agarda pola participación de preto dun centenar de alumnos e alumnas do IES Maruxa Mallo.
Xesús Pedreira para Radio Ordes:
A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"Con esta charla o que se pretende é sensibilizar á comunidade escolar sobre a riqueza natural e cultural dos humidais e da necesidade da súa conservación”
*