Trátase dunha mostra visual das distinta etapas na evolución do ser humano
A Biblioteca Municipal achegará do 6 ao 17 de abril a prestixiosa exposición 'La Evolución Humana'. Trátase dunha mostra que chega ao municipio da man do Concello e a editorial Everest e que contou no seu desenvolvemento coa colaboración da Fundación Atapuerca e o Canal Historia.
O obxectivo desta mostra é ensinar dunha maneira amena e visual as distintas etapas e os cambios máis significativos na evolución dos seres humanos, nun ano no que se conmemora o aniversario do nacemento do científico Charles Darwin e a publicación do seu libro 'A Orixe das especies', que supuxo un cambio radical na forma de explicar as orixes do home.
Dous grandes bloques
O contido da exposición divídese en dous grandes bloques. Por un lado, existen paneis adicados aos cambios biolóxicos máis importantes acontecidos nos últimos seis millóns de anos, así como as curiosidades máis sorprendentes da evolución humana e as especies que forman parte dela. Por outro lado, outro grupo de paneis contarán a formación e a historia dun dos xacementos máis importantes do mundo, a Serra de Atapuerca, as distintas teorías sobre a evolución a través de científicos como Darwin, e outros temas de interese relacionados coa evolución.
Puedes ver la excepcional serie 'Caminando con cavernícolas' de la BBC haciendo clic bajo estas líneas:
A exposición estará aberta de 08:30 a 20:30 horas na biblioteca municipal do 6 ao 17 abril. Ademais nesta mostra participarán os centros escolares do municipio que realizarán visitas guiadas, previa cita, que se realizarán en horario de mañá.
*