.
Esixen que as que están xa abertas se executen no primeiro semestre de 2011
Castro: "Nos Orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2010, non existen partidas destinadas a investimentos para as concentracións de Ordes, o que demostra a falta de vontade do PP de rematar coas mesmas”
Castro: "Esixiremos ao goberno do PP que execute a totalidade da inversión aprobada polo anterior goberno da Xunta de Galiza, e que aprobe un plan de investimento"
O BNG de Ordes ven de presentar unha moción a debatir no pleno da próxima semana, na que propón que a corporación municipal inste á Xunta de Galicia a acometer todos os investimentos destinados ás concentracións parcelarias de Ordes, aprobados na anterior lexislatura pola consellería do Medio Rural. Tamén que se aprobe un plan de investimento para as concentracións parcelarias de Ordes que permita ter rematadas na súa totalidade todas as concentracións parcelarias abertas no concello no primeiro semestre de 2011.
Afecta ás parroquias de Barbeiros-Vilamaior, Buscás, Montaos, Parda, Lesta-Mercurín e Beán-Pereira
En canto aos investimentos aprobados na pasada lexislatura, os nacionalistas esixen que se rematen, nun prazo de dous meses, os traballos que se atopan pendentes nas concentracións parcelarias nas que o anterior goberno da Xunta acordou a toma de posesión provisional. que son as de Barbeiros-Vilamaior, Buscás e Montaos.
Así mesmo, o BNG propón que o pleno municipal reclame á Xunta que se remate a execución de todas as obras aprobadas pola consellería do Medio Rural na anterior lexislatura, para as concentracións de Parada, Lesta-Mercurín e Beán-Pereira.
As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“Na pasada lexislatura, a consellería do Medio rural investiu en Ordes máis de seis millóns de euros destinados ás concentracións parcelarias, o que permitiu a entrega de cinco concentracións e importantes avances nas restantes, co obxectivo de rematar e entregar todas, como moi tarde, no primeiro semestre de 2011”
"Nos orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2010, non existen partidas destinadas a investimentos para as concentracións parcelarias de Ordes, o que demostra a falta de vontade do PP de rematar coas mesmas”
“Temos recollido as peticións dos veciños e esixiremos ao Goberno do PP que execute a totalidade da inversión aprobada polo anterior goberno da Xunta de Galiza, e que aprobe un plan de investimento que permita o remate e a entrega de todas concentracións parcelarias de Ordes, xa que se trata de actuacións moi importantes para o desesenvolvemento socioeconómico do noso Concello”
“O alcalde, en lugar de defender os intereses dos veciños de Ordes, mantén un silencio cómplice co Goberno do PP na Xunta, que está a causar un grave prexuizo para o noso pobo coa retirada dos investimentos destinados ás concentracións parcelarias”
*